Exposición “Ceramic Suite, cerámica contemporánea” 2015

picture
Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas (Pontevedra)

O pasado día 8 de maio, inaugurouse a exposición “Ceramic Suite, Cerámica Contemporánea” no auditorio de Cangas, Pontevedra. Nela participan os dous colectivos artísticos EKG e Kuatro+2, onde Juana Fernández presenta novas pezas. Como vén sendo habitual na súa técnica, a mistura dos materiais é a protagonista. O resultado, mellor visitar a exposición, que estará no Auditorio de Cangas ata o 27 de xuño e posteriormente viaxará ata Cerima, Foz. Nesta nova localidade, a mostra estará aberta ao público desde o 15 de xullo ata o 30 de setembro.

13 de xuño de 2015. Máis información: revista cerámica