Onde o material se perde

picture

Sucédeme en poucas ocasións, pero cando pasa recoñézoo unha vez aconteceu. Un… anda, é verdade! golpea a análise do traballo. A obra cerámica do artista Víctor Mira conseguiuno ao chegar á súa obra Antihéroes, no caso de Juana Fernández vén acontecendo no traballo dos últimos anos. A expresión, a intención e a plasticidade intégranse á perfección co material utilizado para as súas esculturas.

A arxila é o medio, no que lonxe de intentar plasmar ese instante de enerxía do autor, o xesto, a forza, o impulso, Fernández consegue imbuírnos en todo o proceso de realización. Podemos notar os dedos palpando o barro en pequenas porcións e por ese camiño a autora permítenos gozar de obras moi reflexivas, intimas, tan próximas como o tacto da nosa propia pel.

A autora engana o espectador, primeiro atrápao, méteo na obra e é despois cando o contamina e o a explica. Ese camiño provoca unha proximidade co seu traballo pouco habitual. Unha inocente actitude naif nalgunhas obras, ás veces a través da cor, en ocasións mediante a simplicidade, sempre cunha métrica intuitivamente calculada.

Invito a somerxerse na poesía que crea Juana Fernández, programar boa música e pasear, pasear e pasear por cada detalle da súa obra.

Alberto Andrés